Saturday 04 de May de 2024

O vilán Gru enche o auditorio da casa da cultura, nunha nova convocatoria de Noites de cine


O auditorio da casa da cultura encheuse de nenos e nenas que non se quixeron perder un dos títulos de maior éxito en películas de animación dos últimos tempos ‘Gru. Mi villano favorito 2’. Noite de cine é unha iniciativa desenvolvida polo Departamento de Cultura do Concello de Ordes e que contou coa colaboración da Deputación da Coruña. Un bo xeito de desfrutar do mellor cine para todos os públicos, e rodeados de amigos, veciños e familiares.